Dimisión do presidente do PP de Noia

As agresións lgtbifóbas e as declaracións machistas non son algo novo entre as filas do Partido Popular. A semana pasada a alcadesa de Forcarei participaba nunha agresión homófoba a un mozo da vila e hoxe Julio Bustelo, presidente do PP de Noia, compartía chistes homófobos nas súas redes sociais. Tamén o alcalde deste mesmo concello facía gala hai uns meses do machismo rancio do PP nun acto institucional realizado con motivo do 8 de marzo.

Mentres que descatados cargos do partido popular protagonizan agresións deste tipo, o goberno de Feijoo e o Partido Popular miran para o outro lado e practican un lavado de cara. Na semana do Orgullo, o mesmo partido que recurriu o matrimonio igualitario ante o Constitucional para impedir a súa aprobación vestía os edificios institucionais coas cores da bandeira do colectivo LGTBI.

Aprópianse das nosas cores e enchen a boca con eslogans baleiros de “respecto” e “tolerancia”. Sen embargo, o resto do ano non existe pola súa parte ningunha proposta, visibilidade ou apoio ao movemento LGTBI. O que nos queda o resto do ano é o desprecio, as agresións e imaxes indignantes como a que compartía hoxe Julio Bustelo.

É inadmisíbel que, tras actuacións deste tipo, os representantes do Partido Popular sigan a ocupar o seu cargo con total e impunidade e por iso esiximos a súa inmediata demisión. Reivindicamos ademais a necesidade de desenvolver unha lexislación firme e clara que garanta os dereitos do colectivo LGTBI, e que remate coa marxinalización e discriminacións ás que nos enfrontamos.

Loitemos para construír unha Galiza diversa, libre de agresións lgtbifóbicas!