O vindeiro venres 1 de Marzo ás 20:00h estaremos no Salón de actos do edificio multiusos de Melide con Marina Chiavegatto, directora do documental “Tecido resistente” e con Lidya Castro, responsábel comarcal de Galiza Nova A Montaña, na presentación do documental “Tecido resistente“, organizada polas compañeiras de Galiza Nova A Coruña.
Este acto forma parte da campaña coa que, desde Galiza Nova, queremos socializar entre as mozas a folga convocada polo sindicalismo obreiro galego, a través da CIG e as distintas mobilizacións que convoca o movemento feminista galega a través de Galegas8M
Facemos tamén un chamamento a acudir á manifestación nacional do domingo 3 de marzo, ás 12h en Lugo e a todas as convocatorias locais e comarcais do 8 de marzo.
SE NON CONTAN CON NÓS, QUE PRODUZAN SEN NÓS! MOZAS EN FOLGA POR UNHA GALIZA FEMINISTA