A sesión da Dirección Nacional de Galiza Nova celebrada no sábado 17 de novembro debateu e aprobou os documentos a debate no plenario da XV Asemblea Nacional de Galiza Nova que se celebrará o sábado 24 de novembro na Antiga Casa da Xuventude de Compostela.
A continuación podes descargar os documentos a debate, premendo nos títulos correspondentes:
Orde do día
As acreditacións realizaranse a partir das 9.o0h e a sesión de traballos comezará ás 10:00h.
Informe político
O presente documento pretende reunir a principal actividade e liña política exercida pola nosa organización, analizando os acertos e erros co obxectivo de avaliar o noso traballo e de seguir mellorando colectivamente.
Teses a debate
Son as que presentamos hai unhas semanas e que xa foron sometidas a debate nas comarcas, onde a militancia, a través dun procedemento aberto, presentou as emendas co obxectivo de enriquecer e mellorar os textos. Podes ler e descargar os documentos de análise política e organizativa premendo aquí.
Podes ler e descargar o Protocolo de Galiza Nova de actuación fronte agresións machistas e LGTBIfóbicas premendo aquí.
Podes ler e descargar o Regulamento da XV Asemblea Nacional de Galiza Nova premendo aquí.
Proposta de Candidatura para a Secretaría Xeral e Dirección Nacional de Galiza Nova.
O prazo de presentación de candidaturas remata o xoves 22 de novembro ás 00:00h. Porén, a Dirección Nacional ten coma cometido entre as súas funcións elaborar unha proposta de candidatura para a nova Dirección Nacional, Comisión Permanente e Secretaría Xeral, que se basee nas propostas de nomes realizadas pola militancia nas asembleas comarcais, atendendo a criterio de xénero, pluralidade, diversidade e representatividade territorial. Con eses obxectivos e os de conformar unha equipa colectiva de traballo, renovación xeracional e activismo en distintos sectores, a Dirección está a traballar nunha candidatura de consenso cuxas 9 primeiras persoas formarían a Comisión Permanente, sendo a proposta aprobada:
- Alberte Fernández, 25 anos, Pontevedra. Actual Secretario Xeral de Galiza Nova. Graduado en Historia e especializado en Historia Contemporánea. Participou no movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e a Liga Estudantil Galega. É integrante do Consello Comarcal, do Consello Nacional e da Executiva do BNG.
- Claudia Quintela, 25 anos, Gondomar. Graduada en Filosofía. Actual Responsábel de Organización. Participou do movemento estudantil cos Comités e Erguer. Estudantes da Galiza, facendo parte dos seus organismos nacionais.
- Alexandre Louzao, 24 anos, Santiago de Compostela. Enxeñeiro industrial. Participou activamente no movemento estudantil a través dos Comités no campus de Vigo, cidade onde desenvolve a súa actividade política.
- Navia Rivas De Castro, 26 anos, Boimorto. Doutoranda en filosofía. Responsábel comarcal do BNG na comarca da Montaña e integrante do Consello Nacional do BNG.
- Anxo Núñez Fernández, 19 anos, Outes. Estudante de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Actual Responsábel Local do BNG en Outes.
- Iria Carreira Pazos, 27 anos, Arzúa. Médica e activista no movemento feminista, actual responsábel nacional de lingua e da Asemblea Nacional LGTBI na Comisión Permanente e a Dirección Nacional de Galiza Nova. Tamén é integrante do Consello Comarcal do BNG da Montaña.
- Paulo Ríos Santomé (Kai), 25 anos, Moaña. Cociñeiro de profesión e estudante de Socioloxía, actualmente é responsábel comarcal de Galiza Nova no Morrazo, así como concelleiro de Mocidade polo BNG en Moaña.
- Lucía Veciño Souto, 27 anos, Ponteceso. Graduada en Historia e especializada en estudos de Xénero. Foi responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e integrante da Dirección Nacional.
- Daniel Castro García, 22 anos, Ribadeo. Estudante de Filoloxía Galega na USC e graduado en Linguas Estranxeiras pola UVigo. Foi activista no movemento estudantil cos Comités e Erguer. Estudantes da Galiza e actualmente fai parte da Executiva Comarcal do BNG.