Contra un novo masacre de Israel

Nesta madrugada, o sionismo israelí decidiu romper o cesar fogo e voltou bombardear a Faixa de Gaza, rematando coa vida de máis de 300 persoas palestinas. Unha vez máis, Israel deixa claro que non ten interese ningún en calquera saída negociada, senón que procura a destrución total do pobo palestino a través do xenocidio e do exterminio planificado. Este novo episodio de barbarie ocorre no mesmo momento no que a Unión Europea, lonxe de condenar o masacre, intensifica o seu rearme e reitera o seu apoio ao colonialismo israelí.

A mocidade nacionalista reiteramos o noso apoio inquebrantábel ao pobo palestino e á súa lexítima loita pola liberación. Chamamos a reforzar a solidariedade internacionalista, a denunciar a maquinaria da guerra occidental e á mobilización popular nas rúas, comezando polas concentracións que o vindeiro 31 de marzo convoca a Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina nas vilas e cidades do país.

#PalestinaVencerá

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *