Municipais: Como votar por correo?

Se resides na Galiza ou no estado español e pensas que non vas estar na localidade na que che corresponde votar, non te preocupes porque podes votar por correo.

1. Do 31 de marzo ao 14 de maio: vai a calquera oficina de correos co teu Documento de Identidade e cobre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral.

2. Do 4 ao 17 de maio: remitiranche ao enderezo que solicitaches a documentación para poder votar (certificado de inscrición, papeletas e sobre electoral, enderezo da mesa onde che corresponde votar e folla explicativa de todo o proceso). Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo.

3. DO 4 ao 20 de maio podes enviala por correo certificado e urxente.

RESIDENTES TEMPORAIS NO ESTRANXEIRO

1. Desde o estado español: podes viaxar á túa localidade e votar na túa mesa electoral, en urna ou pedir o voto por correo solicitándoo nunha oficina de correos do estado español.
Como podo solciitar o voto se resido temporalmente no estranxeiro?

2. Desde fóra do estado español:

a) Até o 24 de abril:

– Acode persoalmente á embaixada ou consulado que che corresponda e solicita:
– Inscíbete como “non residente” no Rexistro de Matrícula Consular.
– Cobre o impreso de solicitude da documentación electoral. Este impreso podes descargalo da web http://locales2015.mir.es/web/locales2015/como-se-vota a partir da data da convocatoria do proceso electoral, ou recogellelo nas dependencias da Oficina Consular máis cercana.
– Até o 1 de maio: recibirás a documentación electoral necesaria para votar na dirección postal que indicaras no impreso, e na que te atopes residindo temporalmente.

b) Que fago unha vez reciba a documentación no meu domicilio do estranxeiro?

– Até o 20 de maio:

Envía por correo certificado á Mesa electoral o sobre correspondente co impreso cuberto e a documentación solicitada.
Para que o teu voto sexa válido ten que constar claramente no sobre dirixido á Mesa electoral o mataselos ou inscripción oficial dunha oficina de correos do Estado correspondente que acredite que se remitiu dentro do prazo previsto.

*Todo o proceso é de balde.
** Unha vez que solicitas o voto por correo (aínda que despois desistas) impide o voto presencial na mesa electoral o día das eleccións.