Queremos amosar novamente todo o noso apio á Plataforma Pro Campus e ao peche iniciado o pasado luns no Edificio de Física do Campus de Ourense, o cal se manterá ata que a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia emita un informe favorábel para a aprobación da titulación de Enxeñaría Física.
En 2009, coa posta en marcha do Plan Boloña, a licenciatura de Física foi desmantelada e non convertida grao na oferta educativa no Campus de Ourense. Tras ser recurrida e anulada esta decisión polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no 2012, propúxose a creación do Grao de Enxeñería Física.
O título recibiu a aprobación da Consellería de Educación en xaneiro do presente ano. No entanto, está pendente de verificación definitiva por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug) que emitiu un informe desfavorable propiciando que o Consello Galego de Universidades aprazase a súa decisión.
A Plataforma Pro Campus loita pola implantación de Enxeñaría Física no Campus de Ourense, unha nova titulación novidosa no noso país e con un perfil académico-profesional para unha Universidade que mira ao futuro.