En marcha contra contra a LOMCE!

Cartaz Marcha 28 de setembroEste sábado 28 de setembro acode á marcha a Santiago contra a reforma educativa do Partido Popular e pola retirada inmediata da Lomce, organizada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Os puntos de partida serán a Ponte da Rocha, inmediacións do CEIP Lamas de Abade, Polígono do Tambre e Monte do Gozo, lugares desde os que sairán a pé, ás 10:30 horas, as e os participantes en dirección á Praza de Praterías, onde terá lugar a partir das 12.00 horas o acto reivindicativo final.

O ensino é un dereito e non un privilexio!