Encontro aberto de mocidade en Pontevedra

encontro pontevedraO vindeiro sábado 12 de decembro ás 12.30h Carme Adán (candidata ao Congreso por Pontevedra) estará no Pequeno Karma (r/ Charino, 29. Zona Vella, Pontevedra) nun encontro aberto coa mocidade para respostar a todo o que queiras e presentar as propostas de Nós Candidatura Galega.

Contaremos tamén con Alba Cuba (compañeira de Galiza Nova e candidata ao Senado), Jásper (candidato ao Congreso e cantante de NAO) e Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra). Ademais tamén teremos unha actuación musical a cargo de Navia Rivas.

Vén tomar unha con NÓS!