Encontro nacional de mocidade coa candidatura galega

encontro xerais 2015Este sábado 14 de novembro, ás 11:30 horas, Galiza Nova celebra un encontro nacional de mocidade coas persoas que encabezan as candidaturas de Nós Candidatura Galega ás eleccións xerais do 20 de decembro: Carme Adán (circunscrición Pontevedra), Carlos Callón (circunscrición A Coruña), Noa Presas (circunscrición Ourense) e Olalla Rodil (circunscrición Lugo). O encontro desenvolverase na Praza 8 de marzo, xunto ao Panteón de Galeg@s Ilustres, en Santiago de Compostela (achegamos mapa).

Neste encontro tamén intervirán persoas mozas que conforman as candidaturas de Nós Candidatura Galega ao Congreso e ao Senado. Ademais contaremos coa actuación musical de Mini e Navia Rivas.

A mocidade galega precisamos que Galiza teña máis forza alí onde se deciden tantas políticas que nos afectan a diario. Por iso, desde Galiza Nova animámoste a apoiar e facer campaña por Nós Candidatura Galega, a forza do pobo e a mocidade de Galiza!

Achégate o sábado, ás 11:30h, ao encontro nacional de mocidade con Nós Candidatura Galega!