[ENTREVISTAS COVID-19] OPOSITORA

Como vive a mocidade galega a crise da COVID19

Claudia, Moza preparando oposicións

Traballas ou estudas?

Estou preparando as oposicións docentes na especialidade de Filosofía.

Como afectou a crise do COVID19 ó teu desenvolvemento dos estudos?

Desde o comezo do estado de alarma e o confinamento, a incerteza ante a convocatoria das oposicións levoume a un descenso da actividade. É moi complexo seguir preparando unhas oposicións, o cal requiere dun tempo e un esforzo moi alto sen saber se vas ter a oportunidade de presentarte. A isto hai que sumarlle que o Partido Popular continuou asegurando que as probas ían realizarse en xuño deste ano cando todas sabíamos que era practicamente imposible que tiveran lugar. Cando xa a meirande parte das comunidades autónomas do estado español tiñan as convocatorias aprazadas, o goberno de Feijóo teimaba en continuar co proceso selectivo, arriscando a crear un efecto chamada que dada a situación do COVID sería canto menos preocupante.

Cres que a xestion desde as autoridades educativas está sendo a correcta?

A Xunta de Galiza desde o comezo estivo xogando coas esperanzas das opositoras e opositores. A súa única prioridade era xogar a baza das oposicións cara as eleccións galegas, e coa que seguen xogando obrigándonos a matricularnos en xuño de 2020 a unhas probas que serán en 2021. O Partido Popular rexeitou unificar as probas de 2020 coas de 2021 e isto implica que a actual convocatoria elimina a posibilidade de que haxa outro proceso selectivo en 2021. Isto só amosa que a intención do PP segue sendo recortar en servizos públicos, neste caso no ensino, cando o lóxico sería reforzar sectores coma este, a sanidade ou a administración, dotalos de máis persoal, recursos e formación con vistas a esa “nova normalidade” que prepara o sistema.


É unha falta de respecto para todas as persoas que levan anos estudando para xogalo todo nun exame.

A Xunta de Galiza desde o comezo estivo xogando coas esperanzas das opositoras e opositores. A súa única prioridade era xogar a baza das oposición cara as eleccións galegas. É unha falta de respecto para todas as persoas que levan anos estudando para xogamo todo nun exame.

Que tipo de actuación terías levado a cabo ti?

Ante a situación que se plantexaba o lóxico tería sido cancelar as oposicións no momento no que se decretou o estado de alarma. O prioritario debe ser contar cunhas condicions axeitadas para levalas adiante e non someter às opositoras á incerteza e á ansiedade que isto pode chegar a xerar. 

Que perspectiva de futuro tes? 

Está claro que a desconvocatoria das oposicións é un duro golpe, á par que necesario. Agora moitas de nós teremos que iniciar a búsqueda de traballo, que coas perspectivas económicas que se presentan vai ser aínda máis complexo do que xa é era, cun aumento da precariedade que perxudicará sobre todo á mocidade.

Valoración persoal.

Considero necesario que desde que a Xunta de Galiza se tomen medidas para paliar os efectos da vindeira crise económica, promovendo axudas á cidadanía que garantan o dereito a unha vida digna.