Esiximos liberación da Flotilla, liberdade para Ana Miranda

O estado terrorista de Israel secuestrou e está a levar a cárceres israelís á tripulación do Marianne, o barco que encabezaba a flotilla da liberdade rumbo a Gaza, e na que se atopaba a representante do BNG no parlamento europeo, Ana Miranda, que nestes momentos está sendo trasladada a cárceres israelís.

Esiximos a Israel a inmediata liberación da nosa eurodeputada, de toda a tripulación e que permitan que a Fotilla chegue a Gaza. Esiximos así mesmo que esta acción delictiva de Israel non quede impune, e que as autoridades galegas, españolas e europeas deixen de ser cómplices do sionismo, e esixan a liberación da flotilla e sancións a Israel.

Tripulantes

Xunto coa portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, viaxaban Bassel Ghattas, integrante do Parlamento israelita e político palestiniano, Moncef Marzouki, activista polos Dereitos Humanos e expresidente da Tunisia; Robert Lovelace, profesor universitario canadense; Kajsa Ekis Ekman, xornalista sueca; Dror Freiler, músico e compositor da Suecia; as xornalistas Nadya Kevorkova (Rusia), Ammar Al-Hamdan (Al-Jazeera, Noruega), Mohammed El Bakkali (Al-Jazeera, Marrocos), Ruwani Perera e Jacob Bryant (Nova Zelancia, Maori TV), Ohad Hemo (Channel 2, Israel TV) e @s tripulantes Joel Opperdoes (Suecia), Kevin Neish (Canadá), Gustave Bergstrom (Suecia), Herman Reksten (Noruega), Jonas Karlin (Suecia) e Charlie Andreasson (Suecia).

Concentracións de solidariedade, este luns:

Compostela, ás 20.30h, Praza do Toral.
Vigo, ás 20h diante do MARCO.
A Coruña, 20h no Obelisco.
Ourense, 20.30h na Praza de Ferro.