ESPAÑA DENÉGALLE O ASILO A HASSANNA AALIA

España denega asilo político a Hassana Aalia, mozo da Fronte Polisario e quere devolvelo aos seus torturadores en Marrocos #asiloparaHassana

Hassanna Aalia recibíu unha notificación na que se lle denega a petición de asilo político. Nela, indícaselle que dispón de 15 días para abandonar o estado español. Se regresa a El Aaiún, executarase a sentenza de cadea perpetua emitida no 2013 polo tribunal militar de Rabat pola súa participación nas protestas do campamento de Gdeim Izik.

En Galiza Nova entrevistámolo hai un par de meses para a nosa web. Podes ler a entrevista aquí:
https://galizanova.gal/conversa-con-hassanna-aali-mozo-saharaui-da-fronte-polisaria/