España destina cartos públicos para que o galego desapareza das aulas

destacada_bDespois do PP perseguir a nosa lingua nas aulas co ‘decretazo antigalego’, agora favorecerá a escolarización en español pagando prazas na privada con cartos públicos para evitar que o alumnado reciba aulas no noso idioma.

Wert vén de anunciar, como xa alertara Galiza Nova, que as nais e pais cuxas crianzas estuden na pública mais que desexen que sexan analfabetos en galego, recibirán do Ministerio de Educación unha cantidade de até 6.057 euros ao ano para pasárense á privada.

O Partido Popular vén perseguindo sistematicamente os nosos sinais de identidade que nos diferencian como nación. A súa obsesión españolizadora céntrase no ensino para conseguir que as mozas e mozos non sintamos autoestima de sermos galeg@s.

O tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización e o españolismo pretenden arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía dominante.

Nas aulas da Galiza, Queremos Galego!