España quere calarnos, mais non amordazarán nunca as nosas arelas de liberdade!

O goberno español pretende aprobar a chamada Lei Mordaza para reprimirnos e calarnos. Aínda que sutilmente maquillada respecto do primeiro borrador, esta nova lei española (lei de seguridade cidadá) está dirixida a calar á mocidade galega e a contestación social.

A lei vulenera en toda regra os principios mínimos democráticos exixíbeis a un estado de dereito, como denunciou no Congreso a parlamentaria do BNG, Rosana Pérez, e avanza aínda máis na represión que xa era a columna vertebral da vixente “lei da patada na porta” de 1992, e ao igual que esta, baséase na filosofía da censura das condutas de disidencia. A Lei da Mordaza busca tamén incrementar as contías de sancións e aumentar as accións que se cualifican como infracións en seguridade cidadá.

A súa lexislación, a súa Lei de Seguridade Cidadá, a súa Constitución… é a nosa mordaza

Rebelate, organízate, failles frente! 

ÚNETE A GALIZA NOVA pola #RepúblicaGZ