Este domingo continuamos en loita: Por moitas máis vitorias até todas sermos libres!

conaParticipa das mobilizacións feministas que terán lugar este domingo 28, Día dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos das Mulleres. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que Galiza Nova e o BNG forman parte, cconvoca para este domingo mobilizacións en distintos puntos do País con carácter festivo dada a conquista que supón a retirada do Anteproxecto de lei do aborto e a dimisión do Ministro Gallardón, mais tamén con carácter reivindicativo, xa que o PP en impor o consentimento paterno/materno para o exercicio do dereito ao aborto por mozas de 16 e 17 anos.

Estas son as convocatorias previstas para o domingo, 28 de setembro:

– Compostela: Concentrámonos na Praza de Praterías ás 12h
– Ferrol: Pasarrúas, saída ás 12 do Cantón e remate na Praza do Inferniño ás 13h
– Coruña: 12h no Campo da leña
– Vigo: às 11:30h no palco da Alameda de Bouzas.
– Ourense: ás 12.00h nos Xardíns Padre Feijóo – Trae algo lilás e o teu instrumento! celebramos a caída de Gallardón e collemos folgos para continuar na loita!