Galiza Nova chamamos a mocidade de Pontevedra e de todo o país a acudir como cada ano á , que sairá das alamedas de Pontevedra e Marín este sábado 3 ás 19:30.
Entendemos profundamente prexudicial a localización de ENCE por diversos motivos como a contaminación que sufre a Ría de Pontevedra, os gases que afectan a saúde da poboación local, a enorme cantidade de postos de traballo que pode ofrecer a Ría en sectores coma o marisqueo que por culpa da fábrica non se poden por a producir, así coma a eucaliptización dunha grande parte do monte galego.
Por estas razóns rexeitamos, como cada ano a permanencia de ENCE-Elnosa na Ría de Pontevedra e reclamamos o seu traslado ou peche.