Estreamos documental ‘Costa das mulleres’

cdmEste venres 6 de marzo presentamos o filme documental ‘Costa das mulleres’ elaborado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e a Comisión de Acción Feminista do BNG da Costa da Morte. Queremos convidar a todas as mozas e mozos da Costa da Morte este venres 6 ás 19:00h no Salón de Plenos de Cee,

Trátase dunha pequena homenaxe que cremos necesaria para lembrar o pasado, vivir o presente e mellorar o futuro das mulleres da nosa comarca.

Somos Soberanas!