“Feminismo: Cando, Onde e Por Que” en Ourense

Este mércores 26 de abril ás 20:00h estaremos falando no Bar Auriense, en Ourense con Noa Presas, Responsábel de Acción Feminista do BNG e Deputada no Parlamento Galego e con Maruxa Romaní, militante de Galiza Nova Ourense – O Carballiño nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.