“Feminismo: cando, onde e por que” en Viana

Este sábado 8 de abril ás 20:00h estaremos falando no Bar Chiricaua  en Viana do Bolo con Noa Presas, Responsábel de Acción Feminista do BNG e Deputada no Parlamento Galego e  con Tania Sánchez, militante de Galiza Nova Monterrei nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *