“Feminismo: Cando, onde e porque” na Rúa

Este venres 22 de febreiro ás 17:00h estaremos falando na Casa do Concello da Rúa con María Albert, candidata á alcaldía da Rúa polo BNG nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.