“Feminismo: onde, cando e por que” en Allariz

Este sábado 29 de abril ás 20:30h estaremos falando en Allariz, no Roi Xordo (Pza. dos Mesóns 3) con Rebeca Cambeiro, responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras a grande acollida e demanda que teñen este tipo de actos, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.