Festa, concertos e actuacións pola lingua este 17 na Coruña

17m festiVén á festa da lingua deste 17 de maio na Coruña, co concerto dos Tres Trebóns e as actuacións de César Cambeiro, Isabel Risco e Fernando Morán, e O Mago Antón.

Dentro da campaña das eleccións europeas, e para celebrar o 17 de maio, Galiza Nova organiza unha festa reivindicativa en defensa da nosa lingua e da nosa Nación, perante as políticas da Unión Europea e de España que buscan liquidarnos coma pobo.

A festa, que terá lugar este sábado 17 de maio ás 22h na Sala Garufa (rúa San Francisco Nº8), na Cidade Vella da Coruña, é de entrada de balde, e comezará co monólogo de César Cambeiro, unha peza teatral de Isabel Risco e Fernando Morán, maxia e sorpresas da man do Mago Antón e concertazo d´Os Tres Trebóns!

Non mordas a túa lingua!
Rebélate Galiza!