Este venres terá lugar a festa da mocidade co concerto de Nightmares no Club Náutico de Castrelo de Miño ás 20h. Tamén contaremos co poeta ribadaviense Jaime Moreda e coloquio aberto entre as mozas e mozos sobre as problemáticas da mocidade galega derivadas das políticas da Troika e da situación de subordinación ao Reino de España, e presentaremos as alternativas do nacionalismo para rematar coa precariedade e emigración xuvenil na Galiza.
Haberá tapas e viño!
Rebélate Galiza!