Este sábado 12 de xullo Galiza Nova organiza a festa da Patria en Vigo cun concerto do grupo de rock galego Liorta e coas intervencións da actriz Isabel Risco e do Secrtario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera.
Ao berro de “Mudémolo todo! Loitamos por unha Galiza Nova!” a mocidade nacionalista está a realizar encontros e festas reivindicativas por toda Galiza para sumar máis mocidade de cara a un masivo Día da Patria, para reclamarmos con toda forza dun pobo a soberanía e a independencia da Galiza fronte aos poderes españois e a ditadura dos mercados que só pretenden esnaquizar o noso futuro.
O acto público comezará ás 23 horas no local ‘O Faneco’ do Casco Vello de Vigo.