Festa pola lingua con Aldaolado en Vigo

No marco da campaña nacional de lingua ‘Rebélate, fala galego‘ comezamos unha serie de actos que dende a festa visibilizan a loita por vivir no noso idioma. Este venres, 12 de maio, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo organiza un concerto pola lingua en Vigo. Será a partir das 20h no Bar Cabiria (r/Alfonso XIII, 32).

No acto actuarán Aldaolado, un referente musical en galego entre a música alternativa e a retranca, adaptada aos novos tempos, o que converte a música de Lucia Aldao e María Lado en innovadora, moi divertida e que non defrauda. Estará presente tamén o photocall da campaña de lingua que visibiliza os dereitos que reclamamos para vivirmos plenamente na nosa lingua. Queremos mostrar que o galego é unha lingua plenamente válida en todos os ámbitos, tamén entre a festa e o ocio.

Agardámoste!

 

 

 

 

 

Actuación de Aldaolado: