Agradecemos o apoio amosado ás compañeir@s de STOP Desafiuzamentos denunciad@s, entre as que se atopa unha militante de Galiza Nova, na entrada nos xulgados da Coruña esta mañá.
A fiscalía solicitou sanción económica de 250 euros a cada persoa acusada, e o xuízo ficou visto para sentenza. Estas persoas foron acusadas dun “delito” consistente en “obstaculizar a rúa e o paso de vehículos”, sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delitivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como “cuestión previa” por parte das avogadas das persoas afectadas-. Os feitos aconteceron cando estas comapñeiras e compañeiros se mobilizaron para impedir o desafiuzamento de Aurelia Rei, veciña da Coruña de avanzada idade que o estado español e a banca pretendían deixar na rúa!!!
O vindeiro SÁBADO 12 de XULLO chamamos á mocidade da Coruña acudir á manifestación que partirá ás 20hs dende a Praza de María Pita baixo o lema REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI, convocada co obxectivo de visibilizar a violencia represiva do PP.