FOLGA: Horas e lugares das manifestacións

Este martes 24 de marzo a mocidade galega sairemos ás rúas da Galiza para loitar contra os ataques do PP ao ensino público galego. Os poderes españois pretenden impor o decreto 3+2 para continuar deteriorando a educación e limitando o seu acceso a unha minoría privilexiada.

Participa das manifestacións. Hora de saída 11:30hs:

A Coruña: Praza de Pontevedra
Compostela: Alameda
Ferrol: Praza España
Lugo: Edificio Sindicatos
Ourense: Xefatura Territorial de Educación
Pontevedra: Praza da Peregrina
Vigo: Praza América
Arzúa: Diante do IES de Arzúa.
Caldas: Ao carón do IES Aquis Celenis (na carballeira).
Melide: Diante do IES de Melide.
Verín: Avenida de Portugal (Diante do IES Xesús Taboada Chivite).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *