Despois da xornada de masivas manifestacións desta mañá, Galiza Nova quere parabenizar á mocidade galega e a toda a comundade educativa da Galiza polo histórico éxito de Folga no ensino deste 24 de outubro. Máis de 65.000 estudantes, profesoras/es, nais e pais participaron das mobilizacións que se produciron nas sete cidades galegas e en máis de dezasete cabeceiras de comarca. Esta masiva mobilización, xunto ao seguemento da folga nun 90%, amosan o amplo rexeitamento da mocidade galega á retrógrada reforma educativa do Partido Popular e á súa política de recortes.
Polo tanto, desde Galiza Nova esiximos unhas vez máis ao PP que retire a LOMCE e ao Ministro de educación, Jose Ignacio Wert, que presente xa a súa dimisión.
Fóra a LOMCE!!!