Folga masiva: un novo éxito do estudantado galego!

IMG-20140220-WA0015Despois da xornada de masivas manifestacións desta mañá, Galiza Nova quere parabenizar á mocidade galega polo éxito de Folga estudantil deste 20 de febreiro. Máis de 7.500 estudantes participaron das mobilizacións que se produciron nas sete cidades galegas e en máis de vinte cabeceiras de comarca. Esta masiva mobilización, xunto ao seguemento da folga nun 75%, amosan o amplo rexeitamento da mocidade galega á retrógrada reforma educativa do Partido Popular e á súa política de recortes.

Polo tanto, desde Galiza Nova esiximos unha vez máis ao PP que retire a LOMCE e ao Ministro de educación, Jose Ignacio Wert, que presente xa a súa dimisión.

Galiza Nova quere expresar o seu rexeitamento ás accións violentas dunha minoría nas mobilizacións de Vigo e Santiago que coa súa actitude empañan o éxito da folga e a loita pacífica de todo o estudantado galego contra a LOMCE. 

Denunciamos así mesmo a actuación policial en Pontevedra e Ourense. Na primeira, ao remate da manifestación a policía retivo e introduciu en furgóns a menores de idade baixo o pretexto de non levaren consigo o DNI. Denunciamos que en Ourense a policía ordenou e reitirou a todos os manifestantes as bandeiras que portaban nunha clara acción represiva e de abuso de poder.

A loita continúa! Non á LOMCE!