Dende Galiza Nova e o BNG sempre defendemos o antimilitarismo e o antiimperialismo en calquera dos eidos da sociedade, pero sobre todo cando o que se intenta é alentar e adoctrinar á xente moza de cara a un exército español que non é a posible e idílica saída laboral que, con charlas coma a que van a dar hoxe no IES Muralla Romana, nos queren facer ver.
O exercito é unha ferramenta dos estados para controlar as nacións, tanto no eido español, cos exemplos tanto de Galiza como Euskal Herria ou máis visible recentemente os Països Catalans, coma fóra do estado, apoiando guerras en base a unha suposta resposta ante “ameazas” que en realidade o que apoia son invasións por motivos económicos ou de dominación imperialistas que privan dos seus dereitos e vidas a milleiros de persoas inocentes.
Por estas razóns Galiza Nova mostramos a nosa repulsa pola charla que hoxe terá lugar neste instituto, e reclamamos que de aquí en diante non se realicen máis actos en base ao militarismo e á violencia en centros de ensino públicos.
Fóra o militarismo das aulas!