A Asemblea Comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño inicia unha campaña local para a retirada das rúas de Tui dunha estatua do fascista español José Calvo Sotelo.
A presenza de simboloxía fascista ou referencias a elementos ou persoeiros ligados a esta ideoloxía é algo frecuente na Galiza así como no conxunto do Estado Español, o cal normaliza esta realidade de forma interesada, podendo tomarse liberdades para actuar como o que é: un Estado herdeiro do fascismo. A pesar da existencia dunha Lei de Memória Histórica, esta posúe grandes eivas e a súa aplicación é desigual e vaga, facendo que sexa totalmente legal se a presenza de placas, nomes de rúas e estatuas a figura de José Calvo Sotelo, recoñecido fascista e precursor deste movemento no Estado Español.
Desde Galiza Nova denunciamos a existencia de este tipo de simboloxía, e reafirmamos a noso compromiso en combatir o fascismo e as suas figuras, esixindo a súa retirada.