Francisco Carballo sempre vivirá na nosa memoria e acción

carDesde Galiza Nova queremos expresar a nosa dor polo falecemento de Francisco Carballo, militante de honra da nosa organización en recoñecemento a toda unha vida en prol da liberdade do noso pobo.

Historiador e teólogo, Francisco Carballo naceu en Maceda en 1925, foi integrante de candidaturas do BNPG e BNG, profesor e animador cultural, político e relixioso. Foi presidente da Asociación Cultural de Vigo e cofundador e impulsor de medios en galego e ao servizo do país, como fixo impulsando en 1977 a nova etapa d´A Nosa Terra e máis recientemente o semanario e dixital Sermos Galiza.

Un patriota que padeceu as represalias do réxime por escribir que Moncho Reboiras fora “asasinado” pola policía española no libro “Historia de Galicia”, editado pola Fronte Cultural da AN-PG. Foi xulgado e condenado en xuño de 1981 a 6 meses de prisión menor, multa pecuniaria e inabilitación parcial para desempeñar a súa profesión docente.

Nunca esqueceremos a valentía e o compromiso con Galiza de Francisco Carballo, quen sempre pulou por unha mocidade con conciencia nacional e apoiouna na súa loita diaria.

Francisco Carballo, sempre vivo nos corazóns da mocidade nacionalista!