O vindeiro venres 4 de xaneiro ás 19.30h estaremos Circulo Cultural de Chantada (O Casino) con Alberte Fernández, secretario xeral de Galiza Nova e integrante dos 19 de Meirás, e André Labandeira, profesor de Historia no IES Lama das Quendas e candidato do BNG á alcaldía. Cunha charla-coloquio que leva por título “FREEMOS A ULTRADEREITA”, organizada pola asemblea comarcal de Galiza Nova en Lugo Sul.
Nesta charla-coloquio analizaremos as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da nosa organización.
Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza