Este sábado 30 de setembro a Plataforma Galiza con Catalunya, constituída hai meses en apoio do proceso do pobo catalán cara a súa independencia e da cal Galiza Nova formamos parte, convoca unha manifestación nacional en Compostela.
É necesario que neste momento reafirmemos o noso apoio ao referendo e á independencia de Catalunya, non só como nacionalistas e antiimperialistas, senón tamén como demócratas.
Nas últimas semanas verificouse como o estado español, herdeiro do franquismo, non mudou o máis mínimo nas súas prácticas antidemocráticas, empregando a represión por sistema para evitar a celebración do referendo de autodeterminación mesmo chegando a suspender de facto a autonomía catalá.
Deste xeito, non podemos ficar paradas ante a regresión nos nosos dereitos democráticos a nivel estatal, porque a loita de Catalunya tamén é a nosa loita estaremos na Alameda de Compostela este sábado ás 12:00.