Galiza Nova celebrará este domingo a XIII Asemblea Nacional

1907782_322929744539828_7117829761654710139_nEste domingo 23 de novembro, Galiza Nova celebra a XIII Asemblea Nacional baixo o lema “Organízate para mudalo todo. Loitemos por unha Galiza nova!

A mocidade nacionalista debaterá este domingo os documentos políticos e elixirá ás compañeiras e compañeiros que conformarán a nova Dirección Nacional. Continúa desta maneira, un longo proceso de debate e intercambio de ideas entre a militancia xuvenil, que se iniciou no pasado mes de xuño a través de participativas asembleas locais e comarcais da organización e de asembleas abertas de mocidade en numerosos concellos da Nación.

cartaz_asembleanacionalNeste encontro, Galiza Nova marca como reto deseñar a estratexia xuvenil nacionalista para os próximos anos e fortalecer a organización como chave para avanzar no proceso de liberación nacional e social da Galiza.

Nesta ligazón podes consultar os documentos de traballo.