Galiza Nova desmente as graves acusación vertidas sobre a nosa organización e esixe a Galicia 24 horas desculpas públicas e inmediatas

LOGOTIPOMOCIDADE.GZ Galiza Nova denuncia a grave acusación da que foi vítima esta mañá por parte do medio dixital Galicia 24 horas e desminte rotundamente a barbaridade publicada por este medio na que se di que 20 integrantes da nosa organización agrediron a opositoras venezolanas na noite de onte en Vigo logo dun acto de solidariedade coa República Bolivariana de Venezuela. A falta de veracidade deste medio mesmo se observa cando atribúe a Galiza Nova a convocatoria dun acto do que non foi convocante.

Esiximos a Galicia 24 horas a inmediata retirada desta información falsa e que se desculpen publicamente perante a nosa organización desde a mesma páxina web na que foi pendurada esta falacia, alén de que xa esteamos a estudar medidas legais contra esta empresa.

Este medio da dereita pretende criminalizar á nosa organización, defensora dos pobos que loitan pola súa emancipación nacional e social como na Venezuela Bolivariana, con falacias de tal calibre.

É lamentábel que a día de hoxe siga existindo un xornalismo tan extremadamente falto de contrastación de fontes e falto de verificación da información que se publica.