Galiza Nova denuncia que a Xunta tire ao lixo 302.000 euros para un vídeo sexista de Enrique Iglesias

iglesiasO Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, afirmou este xoves en rolda de prensa que o vídeo de Enrique Iglesias, polo que a Xunta destinou 302.000 euros, está a emitirse sen as imaxes dos enclaves galegos nos que foi gravado orixinalmente.

Mera criticou o diñeiro que o Goberno galego pagou ao artista español fincado en Miami: “300.000 euros ao lixo para un vídeo sexista, non ten outra definición”, dixo en rolda de prensa na presentación do concurso de Novos Valores do Festigal. Asegurou que a cinta se está reproducindo ”sen as imaxes gravadas aquí”.

“302.000 euros ao lixo para un vídeo sexista, 4.000 euros para un vídeo de Alejandro Sanz, e para os grupos de aquí, sobre todo para os novos valores, recortes e máis recortes, e cero apoio desde a Xunta”, afirmou o dirixente de Galiza Nova.