Galiza Nova e BNG apoiamos folga estudantil 26F

vigoNa mañá de hoxe, o BNG e Galiza Nova mantivemos encontros con membros das organizacións estudantís nacionalistas en varias cidades e vilas do País para expresar todo o noso apoio á folga do 26 de febreiro convocada polo estudantado galego en defensa do ensino público galego.

O Secretario Xeral de Galiza Nova, DSC04381Alberte Mera, explicitou ante os medio de comunicación o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, e afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de “ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade”. Para Mera, “o PP pretende volver ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

ribeiraSegundo informan desde as mocidades nacionalistas, realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes de centros de todo o País. Así mesmo, indicou que, en liñas xerais, “a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes”.

Porén, houbo algúns casos, como o IES Manuel Murguía de Arteixo ou o IES de Carril, onde non permitiron realizar asembleas de estudantes para informar da Folga, vulnerando os dereitos do estudantado.

Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade de toda Galiza para apoiar a Folga Estudantil do 26 de febreiro convocada polo estudantado galego e a acudir ás concentracións e manifestacións porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, “ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar.”