Galiza Nova encara unha nova Asemblea Nacional

A Dirección Nacional reuniuse este sábado 28 de agosto de xeito ordinario e novamente, na cuarta feira 2 de setembro para acabar de resolver os trámites presasambleares de cara á XVI Asemblea Nacional de Galiza Nova.

Ademais de analizar a situación actual, prestando especial atención á evolución da pandemia provocada pola COVID19 e as súas consecuencias sobre a mocidade, tamén se tomaron acordos de cara ao proceso asemblear.

Por unha banda, tomouse coñecemento de todas as emendas propostas nas Asembleas Comarcais celebradas durante o último mes en todo o País, e que sustentarán unha boa parte do debate que alí se desenvolverá.

Tamén ficaron aprobados o informe político e a candidatura elaborada pola Dirección Nacional saínte para a conformación da nova directiva da organización. Estará encabezada por Marta Gómez, actual Responsábel Comarcal de Pontevedra, e o peche será por Paulo Ríos, “Kai”, actual Secretario Xeral. Non obstante, esta non será a única lista que se presente o vindeiro sábado 11 de setembro.

En breves facilitarase o acceso ao conxunto de textos precisos para o desenvolvemento da Asemblea Nacional a través desta mesma web.