Galiza Nova estará presente na Festa do Avante

9759478951_fe350138be_zGaliza Nova estará presente un ano máis na Festa do Avante, organizada polo Partido Comunista Portugués durante o 5, 6 e 7 de Setembro. Militantes da organización xuvenil desprazaranse até o Seixal para participar deste gran evento con repercusión non só en Portugal senón tamén a nivel internacional, pois asisten delegacións de organizacións comunistas e de esquerdas do mundo.

A través do espazo internacional no que se atopará o posto do BNG, daremos a coñecer a realidade política da Galiza e as distintas loitas que o nacionalismo leva adiante na Galiza en prol do dereito a decidir e da liberación nacional e social da Galiza.