Logo de que Galiza Nova obrigase ao concelleiro de Ensino de Ponteareas (PP) a presentarse no Concello perante o alumnado para atender ás súas demandas, deulle unha nova oportunidade para defender ao estudantado levando ao último pleno municipal a través do BNG unha proposta a favor da derrogación da LOMCE.
Andrés Sampedro, concelleiro de Ensino en Ponteareas, así como o resto do goberno local do PP en Ponteareas decidiron seguir aplaudindo á Lei Wert mentres toda a comunidade educativa rexeita este modelo, que non é outra cousa que a regresión ao sistema educativo do franquismo.
O propio Sampedro recoñeceu no Pleno que a súa misión era defender as siglas do PP. Desde Galiza Nova consideramos inaceptábeis estas declaracións, xa que o concelleiro de ensino recoñeceu así que prefire actuar como marioneta do seu partido antes que actuar polos intereses do alumnado ponteareán.