Galiza Nova solicita a inclusión da formación viaria nas aulas, o transporte público e de cercanías e restituír o Noitebús

O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, compareceu na comisión de estudo para a mellora da seguridade vial no Parlamento esta mañá, na que reclamou un Plano de seguridade viaria adaptado á realidade de Galiza

Alberte Mera salientou no Parlamento a especificidade das redes das estradas galegas e a inseguridade que nelas se rexistra polo que reclamou a “elaboración dun estudo detallado e constantemente actualizado” das vítimas, atendendo a factores de idade e ubicación co fin de mellorar o seguimento da seguridade viaria e establecer as medidas necesarias a seguir.

Galiza, á cabeza en siniestralidade
O Secretario Xeral denunciou que non é froito da casualidade que Galiza teña os índices de siniestralidade máis altos do Estado (3.000 persoas falecidas na última década) e o 8,25% de vítimas mortais no Estado, durante o ano 2012, o que nos sitúa por riba da media estatal atendendo á poboación.

“O mal estado das estradas de titularidade estatal na Galiza (mal alumeado, baches e grietas no firme, mal estado da sinaléctica) reflicte a nula preocupación do Goberno pola seguridade viaria da poboación galega”. Ademais, a isto cómpre sumar que Galiza conta con centos de quilómetros de estradas secundarias sen carril duplo, ausencia de arcéns para vehículos lentos, maior número de días con chuvia, néboa e vento, así como a falta de servizos alternativos de transporte público con autobuses a un prezo inasubmíbel e un servizo de trens moi caro e sen frecuencias que facilitan os accidentes de tráfico explican a inseguridade nas estradas galegas, afirmou.

Servizos de transporte público e novo mapa escolar parello á realidade galega
O informe da Asociación española de la Carretera titulado “Necesidad de inversión en conservación” publicado este mes, constada o deterioro “sen precedentes” das estradas españolas e coloca a rede viaria galega “como unha das máis perigosas”, explicou.

Ademais destacou que a alternativa ás carísimas peaxes da AP- 9 é a N-550 pero a propia Asociación Española de la Carretera afirma que nesta estrada hai contabilizados 422 baches ademais e sinais e marcas de viais que deben ser repintados.

Restituír o Noitebús para garantir a seguridade nos desprazamentos nocturnos
O Secretario Xeral de Galiza Nova denunciou que Galiza non conte cun transporte público adecuado polo que reclamou a restitución do “Noitebús” con frecuencias que cubran os desprazamentos atendendo á dispersión poboacional.

“O Noitebús, dixo, beneficia e salva vidas” pero a Xunta desmantelouno a pesar de ser un importante sistema de prevención de sinistros e seguridade para @s usuari@s e a súas familias.