Galiza Nova recibe a máis de 21 organizacións xuvenís de nacións oprimidas

 

DESEÑO GA ALEGaliza Nova, como organización anfitrioa da Asemblea Xeral da mocidade da ALE; recibirá o 13, 14 e 15 de febreiro a máis de 40 representantes de 21 organizacións xuvenís de nacións sen estado na Europa.

A Asemblea Xeral da mocidade da Alianza Libre Europea (grupo parlamentar europeo no que o BNG traballa) decorrerá o 13, 14 e 15 de febreiro en Compostela baixo o lema ‘Tempo de autodeterminación’ e nela debateremos a actual cuxuntura da Unión Europea como arma dos mercados e da troika contra os pobos e da necesidade de soberanía das nacións sen estado na Europa para conquistarmos un futuro de liberdade asentado na capacidade de decisión e de solidariedade internacionalista.

Galiza Nova partillará tres días de debate e intercambio de experiencias de loita e traballo xuvenil coas delegadas e delegados de 21 organizacións xuvenís de Gales, Escocia, Córsega, Bretaña, Frisia, Euskal Herria, Catalunya, País Valencià e doutros pobos de Europa.

FESTA DA AUTODETERMINACIÓN

Ao remate da primeira xornada de traballo (xoves 13) Galiza Nova organiza a ‘festa da autodeterminación’ cunha foliada a partir das 21 horas no Grándola (Rúa Cardenal Payá, 18 -esquina con Mazarelos; Santiago). Agardámoste!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *