Galiza Nova reivindica a fin da discriminación no Día da Visibilidade Lésbica

26 de abrilEste 26 de abril, Día da Visibilidade Lésbica, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova realizamos un acto simbólico ante a Catedral de Compostela, para reivindicar unha data que continúa a ser necesaria fronte á invisibilización das mulleres lesbianas na Galiza actual e para sumarse ao conxunto de voces que na nosa nación e no mundo loitan a prol das liberdades sexuais e da superación de prexuízos e estereotipos heteropatriarcais que exclúen e agreden as persoas.

Como recolle o manifesto repartido durante a acción, Galiza Nova avoga por outro modelo de relacións entre as persoas, que supere os preconceptos e as categorías e vise unha sociedade libre, xusta, equitativa e solidaria na
que ningunha persoa que excluída ou discriminada no marco da súa sexualidade. Por iso, reivindicamos a soberanía dos corpos mais tamén unha sexualidade libre, segura e gozosa.

Neste senso, non podemos esquecer que, no concreto, as mulleres lésbicas estamos a padecer unha agresión directa froito das políticas reaccionarias, misóxinas e heteropatriarcais impostas polos gobernos do Partido Popular.

26 de abril: máis visíbeis, máis libres!

Cómpre lembrarmos que a reforma sanitaria, liderada pola ministra española Ana Mato, exclúe dos tratamentos de reprodución asistida a todas as persoas que non se enmarquen no modelo de familia heteronormativa, defendida pola dereita máis rancia. Unha medida que vén a negar o dereito a ser nai a moitas mulleres nun momento en que o
mesmo Partido Popular procura impor a maternidade a outras. Desde Galiza Nova defendemos o dereito de calquera muller a ser usuaria dos tratamentos de fecundidade sen que este teña que vir denido por condición algunha, tampouco o da esterilidade.

Asemade, denunciamos a invisibilización que non poucas veces as mulleres lésbicas teñen padecido no marco mesmo do movemento feminista organizado e lanzamos un chamamento ao conxunto do feminismo galego para artellarmos unha resposta colectiva que, para alén da loita a prol da emancipación das mulleres, traballe tamén cara á visibilización das reivindicacións e dereitos das mulleres lésbicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *