Gañadoras do Certame “Mulleres combativas contra as violencias machistas”

O pasado sábado 19 o xurado do Certame de relato curto: “Mulleres combativas contras as violencias machistas”, tivo unha reunión telemática na que realizou o fallo do certame. O xurado, conformado por Marta Dacosta, escritora e profesora de ensino medio; Hélio Marcial, lingüísta e representante de Avante LGBT; Daniel Amarelo, editor en Através; Iria Carreira, Reponsábel da Asemblea LGBT de Galiza Nova e Nerea Cazás, Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, decidiu que os relatos premiados sexan os seguintes:

1º Premio: “Os Nós que levo no corpo” de N.C. Pita.
2º Premio: “Un menú agridoce” de Alba Goenaga Diéguez.
3º Premio: “A lume lento” de Diego Bará Louro.

Ademais, o xurado decidiu escoller 5 relatos finalistas:
“A verdade” de Ismael Pérez-Izaguirre Solis.
“No fondo do buraco” de Juan Antelo Vieites.
“Do ceo ao inferno, da túa man” de Lucía Díaz Cagide.
“¿Onde?” de Jesús Manuel Lema Vidal.
“A luz do mundo é a que arde nunha bágoa” de María Lema Barca.

Desde Galiza Nova agradecemos ao xurado do certame pola súa participación e extendemos os nosos parabéns a todas as persoas premiadas, así como ás finalistas.

 

Este certame realizouse coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *