Hassanna Aalia estará o luns 9 en Vigo

Hassana vigo 2016O próximo luns 9 de maio organizamos un acto aberto no que conversaremos co mozo activista e refuxiado saharaui, Hassana Aalia, quen nos falará da situación nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

Será ás 20h na Libraria Cartabón (Urzaiz, 125 – Vigo), nun coloquio conducido por Elsa Quintas, avogada, e no que tamén contaremos coa participación de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova.

En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, denominado o campamento da dignidade, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquí. Após ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado por rebeldía a cadea perpetua xunto con outr@s 24 compañeir@s. Actualmente o estado estado español pretendeu e pretende denegarlle a petición de asilo político.