O próximo sábado 15 de setembro, Galiza Nova e o BNG de Monte Alto organizamos o acto de homenaxe a Pedro Galán Calvete, Secretario de Organización das Mocedades Galeguistas da Coruña (A Coruña, 1917 – A Corveira, 1936).
Ás 11:30, en María Pita, acto-roteiro fronte ao edificio que abeirou as Escolas de Ensino Primario en Galego de Ánxel Casal.
Introduce Daniel García Martínez e presenta Pilar García Negro.
Ás 12:30, no cemiterio de Santo Amaro, ofrenda floral.
Interveñen Pedro Galán Horro, Alba Sánchez Castanedo e Xesús Antón Bermello García.