No marco das XXX Xornadas de Verán da Mocidade Galega que a nosa organización, Galiza Nova, organiza este 14 e 15 de Setembro na comarca do Baixo Miño realizaremos unha homenaxe aos Mártires de Sobredo, símbolo da loita antiforal.
Tendo claro como mocidade consciente, que a historia non é tal como nos é contada, debemos traballar a memoria histórica, non esquecer como pobo e camiñar cara un futuro colectivo, de solidariedade, igualdade e prosperidade. Nesta homenaxe non queremos só lembrar a Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez Besada, e Venancio González Romero de forma puntual, senón facer nosa a súa loita, a de todo un pobo.
Vémonos o 14 de setembro ás 13:30h no Monumento aos Mártires de Sobredo en Guillarei!