Homenaxe na Coruña a Pedro Galán Calvete, mozo nacionalista asasinado polo fascismo

cartaz 2014Achégate á homenaxe que Galiza Nova e o BNG realizan este sábado na Coruña a Pedro Galán Calvete, Secretario de Organización das Mocedades Galeguistas da Coruña (A Coruña, 1917 – A Corveira, 1936). Será ás 12:00 h, na entrada ao cemiterio de Santo Amaro (rúa Beiramar).”

Participa nos actos organizados para este sábado e axúdanos a difundir a figura de Galán Calvete.

“Como galego son nacionalista, como home son marxista; para que me entendades…son separatista” foi unha frase pronunciada polo que fora o Secretraraio de Organización das Mocedades Galeguistas da Coruña e cuxa figura é lembrada ano tras ano por Galiza Nova nesta comarca. Podes aproximarte un pouco máis á figura de Galán Calvete nesta ligazón, onde poderás atopar un discurso do profesor da Universidad”e da Coruña e actual Portavoz Municipal do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril Vázquez

“Mataron a Pedro Galán Calvete, pero esqueceron que o sangue da súa «hemorraxia interna» tamén ía regar as terras onde galloupara desbocado a cabalo de Atila, facendo que volvera medrar por todos os campos de Galiza a herba da que hoxe podemos desfrutar, que non é outra que a da liberdade que él pagou coa súa inocencia para que todas e todos nos poidamos seguer comprometendo-nos coa Galiza ideal que él e todos os mártires do noso país soñaran. Xosé Manuel Carril Vázquez