Un ano máis, achégate á homenaxe na Coruña a Pedro Galán Calvete

galan_calvete_rAchégate á tradicional homenaxe a Pedro Galán Calvete, Secretario de Organización das Mocedades Galeguistas da Coruña (A Coruña, 1917 – A Corveira, 1936), organizado por Galiza Nova e o BNG do barrio coruñés de Monte Alto.

Participa nos actos organizados para este sábado e axúdanos a difundir a figura de Galán Calvete.

Sábado 21 de setembro

11:30h

Na rúa Pedro Galán Calvete (fronte á Torre, no parque Carlos Casares), presentación do libro “Da man do corazón“, editado por Galiza Nova e o BNG de Monte Alto (entregarase un exemplar a cada asistente).

12:45h

Cemiterio de Santo Amaro, ofrenda floral coas intervencións políticas de Avia Veira González, Pedro Galán Horro e Goretti Sanmartín Rei.

“Como galego son nacionalista, como home son marxista; para que me entendades…son separatista” foi unha frase pronunciada polo que fora o Secretraraio de Organización das Mocedades Galeguistas da Coruña e cuxa figura é lembrada ano tras ano por Galiza Nova nesta comarca. Podes aproximarte un pouco máis á figura de Galán Calvete nesta ligazón, onde poderás atopar un discurso do profesor da Universidade da Coruña e actual Portavoz Municipal do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril Vázquez

Mataron a Pedro Galán Calvete, pero esqueceron que o sangue da súa «hemorraxia interna» tamén ía regar as terras onde galloupara desbocado a cabalo de Atila, facendo que volvera medrar por todos os campos de Galiza a herba da que hoxe podemos desfrutar, que non é outra que a da liberdade que él pagou coa súa inocencia para que todas e todos nos poidamos seguer comprometendo-nos coa Galiza ideal que él e todos os mártires do noso país soñaran. Xosé Manuel Carril Vázquez